POLÍTICA DE PRIVACIDADE
DE SÉTIMA S. COOP. GALEGA
INTRODUCIÓN E IDENTIFICACIÓN DO RESPONSABLE DE TRATAMENTO
SÉTIMA S. COOP. GALEGA, entidade con CIF F70574371 e con enderezo en Rúa Camilo Díaz Valiño, nº17 15704 Santiago de Compostela, é o Responsable de tratamento dos diferentes datos persoais que se recollen para unha correcta prestación do noso servizo.
É o noso obxectivo tratar os datos persoais con total transparencia, aportando sempre as maiores garantías de confidencialidade e seguridade. É por iso que lle queremos explicar de maneira precisa o motivo e o xeito que temos de recompilar, almacenar, compartir e utilizar os seus datos persoais, así como os dereitos que pode exercer con respecto a estes tratamentos.
Poñemos á disposición dos nosos interesados o enderezo de correo electrónico setimacoop@gmail.com ao que se poden dirixir de modo directo e efectivo sempre que teñan calquera pregunta ou dúbida acerca do tratamento dos seus datos persoais ou cando desexen comunicarse con nós.
RECOMPILACIÓN e TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS
En SÉTIMA tratamos os datos facilitados polos nosos interesados (clientes, provedores, etc) coas seguintes finalidades:
—Xestionar adecuadamente a relación comercial cos nosos Clientes, así como a posterior facturación e cobro dos servizos, sendo a base xurídica deste tratamento a relación contractual existente.
—Manter as relacións comerciais cos nosos provedores de produtos e servizos, sendo a lexitimación desta finalidade novamente a de execución dun contrato.
—Realización de fotografías e vídeos durante o desenvolvemento dos eventos de promoción e publicación das mesmas nas redes sociais co fin de dar a coñecer o noso traballo. Dado que o dereito á propia imaxe está recoñecido no artigo 18 da Constitución e regulado pola Lei Orgánica 1/1982, de 5 de maio, sobre protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, así como para dar cumprimento á LOPD, só publicaremos as imaxes cando teñamos o seu consentimento previo e expreso.
—Xestión administrativa, fiscal e contable da nosa entidade, sendo a base xurídica deste tratamento o cumprimento das obrigas legais
—Creación dunha base de datos de CV e utilización dos mesmos cando se organice algún proceso de selección, sendo a base xurídica deste tratamento o consentimento prestado polo propio interesado.
—Cando unha empresa ou particular, voluntariamente, se fai seguidor das Redes Sociais de SÉTIMA. A información e datos persoais proporcionados polo usuario a través das redes sociais son utilizados para atender cantas peticións nos formule a través das mesmas, sendo a lexitimación deste tratamento o consentimento expreso mostrado polo usuario.
—Dar resposta ás consultas que nos fan a través do mail presente na páxina web.