Sétima é unha produtora galega de recente creación impulsada pola produtora Silvia Fuentes e a directora Anxos Fazáns.

Anxos Fazáns
O Morrazo, 1992
Como directora e guionista, vén de estrear a súa segunda longametraxe As liñas descontinuas, que tivo a súa estrea internacional na Sección Oficial de Tallin Black Nights Festival 2025, e a estrea nacional no Festival Internacional de Cinema de Xixón (FICX) onde obtivo o Premio «DAMA» ao Mellor Guión de Película Española.Tamén percorreu numerosos certames nacionais como Novos Cinemas, Rizoma ou REC Tarragona. Ademais, forma parte da Selección Internacional Smart 7 o que a levará a festivais como Vilnius, IndieLisboa, New Horizons ou Thessaloniki.
Coa súa primeira longametraxe, A Estación Violenta (2017, Matriuska), viaxou por varios festivais como o Festival de Cine Europeo de Sevilla, BAFICI, D’A Film Festival, SANFIC ou Cinespaña Toulouse. Recibe ademais unha Mención de Honra no Festival Internacional de Cali. Ademais, as súas curtametraxes forman parte de diversos festivais: Area (2016, Matriuska) foi programada en Zinebi, Analóxica (2019, Erika Lust) compite en BAFICI e Curtocircuito e Habitar (2023, Sétima) é seleccionada en Play-Doc e no Festival Internacional de Cine de Xixón, entre outros. En 2019 forma parte das Residencias Artísticas Injuve.
En 2018 funda a produtora Sétima xunto a Silvia Fuentes, dende onde produce e acompaña a directores como Javier Ferreiro, Ángel Filgueira, Sara Traba, Berio Molina ou Álvaro Gago.
Participou ademais como axudante de dirección nas longametraxes “Nación” de Margarita Ledo e “Cando toco un animal” de Ángel Filgueira. Combina a súa profesión coa ensinanza, formando parte do equipo de mestres do Grao en Comunicación Audiovisual da UVigo e da escola ACT Galicia, entre outras experiencias. A nivel formativo, realizou o Máster de Dirección de Cine na ESCAC e o Máster de Arte Contemporáneo, Creación e Investigación da Uvigo.
Silvia Fuentes
A Estrada, 1990
Como produtora en Sétima estrea no 2025 As liñas descontinuas na Sección Oficial de Tallin Black Nights Festival 2025, e con estrea nacional no Festival Internacional de Cinema de Xixón (FICX) onde obtivo o Premio «DAMA» ao Mellor Guión de Película Española.Tamén percorreu numerosos certames nacionais como Novos Cinemas, Rizoma ou REC Tarragona. Ademais, forma parte da Selección Internacional Smart 7 o que a levará a festivais como Vilnius, IndieLisboa, New Horizons ou Thessaloniki.
No 2024 estrea o documental Filmei paxaros voando de Zeltia Outeiriño, que acada Mención especial do xurado no Festival L’Alternativa, o Premio Mestre Mateo a Mellor Documental e a nominación ao Arrebato de no ficción nos Premios Feroz 2026. No 2023 estreou a curtametraxe Habitar, de Anxos Fazáns, que recibe o Premio MICE á Mellor película. No mesmo ano estrea a longametraxe Cando toco un animal de Ángel Filgueira na sección Un impulso colectivo do D’A festival de cinema de Barcelona.
Agora traballa na posprodución de A morte nos teus ollos, ópera prima de Guillermo de Oliveira, Premio ao mellor proxecto internacional no MIA Market de Roma 2024. En fase de financiación conta con proxectos como Porto Alegre, segunda longametraxe de Álvaro Gago, Fame e Febre, ópera prima de Javier Ferreiro, creador e director da serie Mariliendre e Handen, próximo filme de Ángel Filgueira, Premio Ventura á mellor película en desenvolvemento do festival Play-Doc 2025.
Á marxe de Sétima destaca o seu paso pola empresa produtora catalá Lastor Media. Ademais traballou como directora de produción nas longametraxes As neves de Sonia Méndez, e Gosa Poder, de Isaki Lacuesta. Tamén traballou como xefa de produción en películas como O Corno, de Jaione Camborda, Matria, primeira longametraxe de Álvaro Gago ou Nación de Margarita Ledo.
©Tamara de la Fuente
Anxos Fazáns
O Morrazo, Pontevedra, 1992