Skip to main content

Sétima é unha produtora galega de recente creación impulsada pola produtora Silvia Fuentes e a directora Anxos Fazáns.

 

© Sabela Eiriz

Anxos Fazáns

O Morrazo, Pontevedra, 1992

Como directora e guionista, A Estación Violenta (2017, Matriuska) é a súa primeira longametraxe coa que viaxa por varios festivais como o Festival de Cine Europeo de Sevilla, BAFICI, D’A Film Festival, SANFIC ou Cinespaña Toulouse. Recibe ademais unha Mención de Honor no FICCali. Ademais, as súas curtametraxes forman parte de diversos festivais: Area (2016, Matriuska) foi programado en Zinebi, Analóxica (2019, Erika Lust) compite en BAFICI e Curtocircuíto, e Habitar (2023, Sétima) foi seleccionado no Play-Doc e no Festival Internacional de Cine de Xixón, entre outros. No 2019 forma parte das Residencias Artísticas Injuve.

Actualmente atópase en preprodución da súa próxima película As Liñas Descontinuas, seleccionada na Incubadora de ECAM e no laboratorio de guión Sources2.

No 2018 funda a produtora Sétima xunto a Silvia Fuentes, dende onde produce e acompaña a directores como Javier Ferreiro, Zeltia Outeiriño, Ángel Filgueira, Sara Traba, Berio Molina ou Álvaro Gago.

Participou ademais como axudante de dirección nas longametraxes “Nación” de Margarita Ledo e “Cando toco un animal” de Ángel Filgueira.

Combina a súa profesión coa ensinanza e formou parte do equipo de profesores do Grado en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo e da escola ACT Galicia, entre outras experiencias.

A nivel formativo realizou o Máster de Dirección de Cine na ESCAC e o Máster en Arte Contemporáneo, Creación e Investigación da Uvigo.

Silvia Fuentes

A Estrada, 1990

Como produtora en Sétima estrea no 2024 o documental Filmei paxaros voando de Zeltia Outeiriño, Mención especial do xurado no Festival L’Alternativa e Premio Mestre Mateo a Mellor Documental. No 2023 estrea a curtametraxe Habitar, de Anxos Fazáns, que participa no Festival de Xixón e no Festival D’A entre outros e recibe o Premio MICE á mellor película. No mesmo ano estrea a longametraxe Cando toco un animal de Ángel Filgueira na sección Un impulso colectivo do D’A festival de cinema de Barcelona.

Agora traballa na posprodución de As liñas descontinuas, segunda longametraxe de Anxos Fazáns que pasou pola Incubadora da Ecam, e na produción de A morte nos teus ollos, opera prima de Guillermo de Oliveira, Premio ao mellor proxecto internacional no MIA Market de Roma 2024. En desenvolvemento conta con proxectos como Porto Alegre, segunda longametraxe de Álvaro Gago, Fame e Febre, opera prima de Javier Ferreiro, creador e director da serie Mariliendre e Handen, próximo film de Ángel Filgueira, Premio Ventura á mellor película en desenvolvemento do festival Play-Doc 2025.

Á marxe de Sétima destaca o seu paso pola empresa produtora catalá Lastor Media. Ademais traballou como directora de produción nas longametraxes As neves de Sonia Méndez, e Gosa Poder, de Isaki Lacuesta. Tamén traballou como xefa de produción en películas como O corno, de Jaione Camborda, Matria, primeira longametraxe de Álvaro Gago ou Nación de Margarita Ledo.