Skip to main content

Sétima é unha produtora galega de recente creación impulsada pola produtora Silvia Fuentes e a directora Anxos Fazáns.

©Tamara de la Fuente

Anxos Fazáns

O Morrazo, Pontevedra, 1992

Como directora e guionista, A Estación Violenta (2017, Matriuska) é a súa primeira longametraxe coa que viaxa por varios festivais como o Festival de Cine Europeo de Sevilla, BAFICI, D’A Film Festival, SANFIC ou Cinespaña Toulouse. Recibe ademais unha Mención de Honor no FICCali. Ademais, as súas curtametraxes forman parte de diversos festivais: Area (2016, Matriuska) foi programado en Zinebi, Analóxica (2019, Erika Lust) compite en BAFICI e Curtocircuíto, e Habitar (2023, Sétima) foi seleccionado no Play-Doc e no Festival Internacional de Cine de Xixón, entre outros. No 2019 forma parte das Residencias Artísticas Injuve.

Actualmente atópase en preprodución da súa próxima película As Liñas Descontinuas, seleccionada na Incubadora de ECAM e no laboratorio de guión Sources2. 

No 2018 funda a produtora Sétima xunto a Silvia Fuentes, dende onde produce e acompaña a directores como Javier Ferreiro, Zeltia Outeiriño, Ángel Filgueira, Sara Traba, Berio Molina ou Álvaro Gago. 

Participou ademais como axudante de dirección nas longametraxes “Nación” de Margarita Ledo e “Cando toco un animal” de Ángel Filgueira.

Combina a súa profesión coa ensinanza e formou parte do equipo de profesores do Grado en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo e da escola ACT Galicia, entre outras experiencias. 

A nivel formativo realizou o Máster de Dirección de Cine na ESCAC e o Máster en Arte Contemporáneo, Creación e Investigación da Uvigo.

Silvia Fuentes

A Estrada, 1990

Máster de Produción Executiva PROA-Blanquerna en Barcelona e Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, remata a carreira na Universidade Complutense de Madrid. Entre o 2019 e o 2021 traballa para a empresa produtora Lastor Media. Como produtora executiva está a rematar a longametraxe Cando toco un animal que se estreará durante o 2023 e que pasou por Abycine Lanza WIP, FICX Pro Gijón, Mafiz Málaga e Novos Cinemas Lab. Ademais das películas en produción Patarinos de Zeltia Outeiriño en co-produción con Ringo Media e financiada co apoio do ICAA, AGADIC e TVG; e As liñas descontinuas de Anxos Fazáns, seleccionada na Incubadora de The Screen de ECAM, no laboratorio Sources 2 e que conta co apoio á produción de AGADIC.

Traballa como de directora de produción no proxecto de Isaki Lacuesta Gosa Poder producido por Lastor Media. E desenvolve o posto de xefa de produción en varias producións entre as que destaca O corno do centeo de Jaione Camborda con produción de Miramemira, Esnatu Zinema, Elástica films e Bando à parte; Matria, primeira longametraxe de Álvaro Gago con Ringo Media, Matriuska Producciones e Avalon PC na produción; ¿Qué hicimos mal?, longametraxe de Liliana Torres producida por Avalon, Matriuska Producciones e Miss Wasabi; as curtametraxes de Álvaro Gago 16 de decembro e Matria producidas por Ringo Media; ou a longa documental Nación de Margarita Ledo con Nós PCG na produción.