Skip to main content

Handen

En desenvolvemento
  • 100 |

  • Drama |
  • España

Handen

En desenvolvemento
  • 100 |

  • Drama |
  • España

Uxío, un galego de 32, comeza a traballar nunha granxa de hortalizas na fronteira dos Países Baixos con Bélxica co plan de aforrar para mudarse por fin coa súa moza, mentres termina a súa primeira novela.  O traballo físico lévao ao límite e o grupo de compañeiros migrantes cos que traballa e tamén convive amósanse distantes e hostís. Pero Uxío resiste, endurécese e adáptase, disfruta do contacto coa terra, e conecta cos outros traballadores, non tan diferentes a el. Incluso ten unha tensa relación de atracción e rexeitamento cun violento compañeiro polaco, Piotr. A granxa vaise convertindo na súa única realidade. Uxío alonga o contrato e pospón os seus plans ata que a súa vida fóra da granxa vai quedando atrás, convertindo nunha peza máis da maquinaria, resistente e intercambiable.

Produtora
Sétima
Dirección
Ángel Filgueira
Guión
Ángel Filgueira, Ashling Ocampo
Produción
Silvia Fuentes

Premios

  • Premio Ventura Mellor Película en desenvolvemento - Playdoc 2025

Labs and Markets

  • ECAM Forum
  • MFI Script Lab