Unha picaraña, unha radial, incluso unha pistola. Estas memorias do inframundo comezan cun son seco, violento, como corresponde a todo acto de subtracción. Un só disparo esboroa en cuestión de segundos calquera sinfonía xeolóxica, os miles de anos necesarios para que as estalactitas e as estalagmitas se formen, centímetro a centímetro, nun sutil proceso de goteo. Do teito ao chan, unha translación milenaria de calcita. Un tour de force, a historia do planeta.
Unhas furadas cantan suaviño, pero outras provocan arrepíos. Así, cun tremor na raíz da espiña dorsal, comezan estas memorias do inframundo.
(Reconstrución dun texto de Alba Cid para o libro Tesouro Espeleolóxico Galego)
Compilación textos: Clube Espeleolóxico Maúxo
Compilación imaxes: Ramon Almuinha
Gravación sonora: Xoán-Xil López e Berio Molina
Imaxe cartel: Gustav Henningsen
- Produtora
- aCentral Folque, Sétima, Acusmaser
- Dirección
- Berio Molina
- Guión
- Alba Cid
Festivais
- XVI Mostra de Cinema Periférico (S8)
- 22 Festival Internacional de Cinema e Artes Visuais Curtocircuíto
- Electr·o·Pura. Natureza, Cinema e Pop Experimental
- L'Alternativa. 32 Festival de Cinema Independent de Barcelona
- 15ª Edición Festival Internacional de Cine Márgenes
- MICE. 21 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
- 44º FCIU. Festival Cinematográfico Internacional de Uruguay
- 22ª Edición Play-Doc. Festival Internacional de Cine
- XXIII Edición Festival de Cans
Premios
- Premio GZ á mellor película galega - Curtocirciuto 2025
- Premio á Mellor Película-Sección Galicia - MICE 2025
- Premio á Mellor Película-Sección Galicia ex aequo - Play-Doc 2026