Forastera nunca visitou o lugar onde naceu e creceu a súa nai, pero ten imaxes inventadas na súa cabeza. Ela non o sabía, pero a súa nai conservaba un anaco de terra en Galicia. Este bosque é a súa herdanza e o seu derradeiro vínculo coa orixe materna. Sinte a necesidade de coñecer este lugar, polo que decide emprender unha viaxe na súa moto, dende Alemaña a Galicia. Esta viaxe poráa fronte á fronte coa paisaxe mariñeira e rural galega e levaráa a atopar aquilo que buscaba sen sabelo.
- Produtora
- Sétima
- Dirección
- Sara Traba
- Guión
- Sara Traba
- Produción
- Silvia Fuentes & Anxos Fazáns